venres, 5 de outubro de 2018

OS 7 LUGARES MÁIS FERMOSOS DE GALICIA.

1. ILLAS CÍES


  As illas Cíes son tres illas as cales gozan de praias con augas cristalinas e diversidade 

de plantas e animais. O concello de Vigo en 2013 comezou tramites para conseguir que 

nun futuro esta gran arquipélago sexa patrimonio da humanidade.








2. PRAIA DAS CATEDRAIS 

As praias das catedrais sitúanse na costa de Lugo concretamente no municipio de 

Ribadeo. O peculiar deste fenómeno e que co tempo a auga erosionou as rochas 

 deixando cachos de terra illados. Cando baixa a marea pódese andar e 

contemplar ese fenómeno que creou a erosión.




3. CATEDRAL DE SANTIAGO


A catedral de Santiago de Compostela resulta coñecida a nivel mundial é a día de 

hoxe xa se considera un elemento icónico. A catedral a día de hoxe abre as súas 

porta para multitude de peregrinos que a visitan dende diferentes partes do mundo.




4. CANÓN DO SIL

O canón do Sil esta situado cerca da Ribeira Sacra. O lugar pódese visitar en 

catamarán e contemplase diferentes paisaxes, incluso podes apreciar o reflexo da 

auga co terreo, isto provoca que sexa un destino digno de visitar e con cada o o 

número de turistas aumente.   




5. COMBARRO

Combarro esta situado na ria de Pontevedra a uns 15 minutos da cidade este 

pequeno pobo goza dunha gran beleza arquitectónica, contén moitos hórreos e 

cruceiros, sen lugar dubida este fermoso pobo tiña que entrar nesta lista.    




6. CABO DE FISTERRA

O cabo Fisterra e o punto máis Oeste de Galicia o seu nome ven dado porque 

antigamente a xente pensaba que era o fin do mundo. Está na provincia de Coruña 

e conta con unhas vistas características similares as da Costa da Morte.  



7. TORRE DE HÉRCULES

A torre de Hércules esta situada na cidade de a Coruña, este edificio conta con 

moitas visitas diarias posto que se converteu nunha atracción turística e a día de 

hoxe pódese subir ata a cima e contemplar as vistas que ofrece.




Ningún comentario:

Publicar un comentario