xoves, 29 de novembro de 2018

A TORRE DE HÉRCULES E AQUARIUM FINISTERRAE.

Persoalmente considero que A Torre Hércules é un dos meiores sitios de Galicia. Recordo a primeira vez que a vin, tiña sete anos e funa visitar cos meus pais e meu irmán. Recordo subila e baixala varias veces pero tamén lembro o alto da torre.

A Torre de Hércules foi construída como faro polos romanos, posiblemente cara a finais do século I e comezos do II. Do seu primitivo aspecto hoxe conservamos o seu interior revestido por un recubrimento arquitectónico realizado a finais do século XVIII. Ao seu pé, tamén se conserva unha inscrición latina gravada sobre roca, hoxe protexida por unha pequena edificación, na que se recolle o nome do posible arquitecto romano autor da torre.

Xusto de baixo da torre atópase o Aquarium Finisterrae, tamén coñecido como a Casa dos Peixes, é un centro público de ciencia dedicado á educación medioambiental e a divulgación científica
 de temas mariños.

Se visitas a Torre de Hércules no pode faltar unha visita ao Aquarium posto que é unha experiencia única e a día de hoxe, despois duns anos, aínda
 me lembro de ver por primeira vez focas, tiburóns e pirañas.






luns, 19 de novembro de 2018

COMBARRO

Os tres elementos fundamentais que se poden observar son: Os cruceiros: os estudos de antropoloxía falan dun culto precristiano que se comparte con rexións celtas da Bretaña francesa ou Irlanda. Protexían cruces de camiños onde se cría que se realizaban reunións de meigas, converténdose en lugares seguros. Os cruceiros de Combarro contan coa particularidade de que a figura da virxe tallada neles mira sempre cara ao mar, salvo no que está na praia de Padrón, pola que se pode camiñar só cando a marea está baixa. A rúa de San Roque conduce á igrexa do mesmo nome, do século XVIII, cun cruceiro onde se distingue a figura de san Roque co seu inseparable can, San Roquiño. O segundo elemento distintivo de Combarro son as casas mariñeiras: na rúa A Rúa poden verse casas pegadas, coa división típica que situaba a vivenda na planta superior e a inferior destinada a almacén para apeiros de pesca e agrícolas. Algunhas delas contaban cunha marca diferenciadora que era a solaina, un balcón en pedra de inspiración barroca que terminaba en escaleira. A xente do mar normalmente construíao con madeira ou ferro forxado, pintándoo cos mesmos cores cos que pintaban as súas barcas. Todos eles estaban orientados ao mar. Curiosamente existe unha rúa chamada A Rúa Cega ("a rúa cega" en castelán), na que as casas non están orientadas cara á costa. Isto podía ser debido a que aquí primaban os labores do campo, xa que o ancho das portas estaría adaptado para que os carros puidesen pasar por elas. O terceiro elemento non podía ser outro: o hórreo, intimamente asociado á imaxe de Combarro. Hai uns 60 en todo o pobo e son 30 os que están aliñados xunto á costa.




luns, 12 de novembro de 2018

AS TERMAS DE OUTARIZ

As termas de Outariz localízanse en Ourense

a uns escasos metros da cidade, dende hai un

ano tiven un pequeno problema na pel e

recomendaronme ir as termas dende que fun

notei unha mellora, por este motivo vou a dar

a miña opinión.




O acceso as termas conta cun vestiario

semellante o da cultura x aponesa, tras haber

posto as sandalias e collido unha

toalla poderás dirixirte cara as piscinas. As

primeiras que atopamos están dentro nunha

habitación grande temos dúas normais nas

que teñen entre 38 e 40 grados Cº e

finalmente atopamos un jacuzzi. Fora, o aire

libre temos unha gran variedade de piscinas,

para comenzar atopamos unha bañeira que

contén diferentes chorros a presión e incluso

unha pequena cascada. De seguido temos

unha sauna na que recomendan un

experimento, consiste en que tras estar uns 5-

10 min dentro da sauna salgas, e acto

seguido entres nunha piscina de auga fría, a

experiecia esta moi ben, o que se sinte de

pasar de calor a frío e unha relaxación plena.

Para continuar temos unha serie de piscinas

con diferentes decoracións nunha delas

entras nunha cova. Finalmente temos

un piscina na que cae un chorro de auga

dende moi alto, este experimento consiste en

entrar nun estado

de concentración, persoalmente a min

resultoume incomodo e non fun capa

de experimentar nada. Para finalizar cabe

destacar que conta con múltiples tratamientos

e masaxes que che realizan profesionais, son

caros pero a xente recomenda visitalos.