xoves, 29 de novembro de 2018

A TORRE DE HÉRCULES E AQUARIUM FINISTERRAE.

Persoalmente considero que A Torre Hércules é un dos meiores sitios de Galicia. Recordo a primeira vez que a vin, tiña sete anos e funa visitar cos meus pais e meu irmán. Recordo subila e baixala varias veces pero tamén lembro o alto da torre.

A Torre de Hércules foi construída como faro polos romanos, posiblemente cara a finais do século I e comezos do II. Do seu primitivo aspecto hoxe conservamos o seu interior revestido por un recubrimento arquitectónico realizado a finais do século XVIII. Ao seu pé, tamén se conserva unha inscrición latina gravada sobre roca, hoxe protexida por unha pequena edificación, na que se recolle o nome do posible arquitecto romano autor da torre.

Xusto de baixo da torre atópase o Aquarium Finisterrae, tamén coñecido como a Casa dos Peixes, é un centro público de ciencia dedicado á educación medioambiental e a divulgación científica
 de temas mariños.

Se visitas a Torre de Hércules no pode faltar unha visita ao Aquarium posto que é unha experiencia única e a día de hoxe, despois duns anos, aínda
 me lembro de ver por primeira vez focas, tiburóns e pirañas.






Ningún comentario:

Publicar un comentario