venres, 14 de decembro de 2018

PLATOS TÍPICOS DE GALICIA

Hoxe cambiarei un pouco o meu contido do blog, pero por suposto, sen desviarnos de Galicia. Falaremos de tres comidas e bevidas típicas de Galicia.


A Tarta de Santiago.
A tarta de santiago e o doce máis típico de Galicia, está 

elaborada con almendras pulverizadas e mesturadas con 

ovo e azucre a partes iguais. Obtense así unha masa 

compacta á que se lle engade certa cantidade de 

mantequilla ou manteca. Posteriormente, se hornea nun 

recipiente refractario a 180 °C - 200 °C durante uns 45 

minutos, ata que a parte superior se endurece. Como 

detalle final, adóitase espolvorear azucre fino sobre un 

persoal da Cruz de Santiago, de maneira que, ao retirala, a 

silueta da cruz queda impresa.


Polvo a Feira

É un prato tradicional de Galicia e é básico na gastronomía 

galega trátase dun prato festivo elaborado con pulpo cocido 

enteiro, está presente nas festas, feiras e romarías de 

Galicia, A cocción realízase tradicionalmente polas polbeiras  ou pulpeiras.

Churrasco
O churrasco faise nun asadeiro con grella 

chamado churrasqueira. O asadeiro ou forno portátil que 

permite prender lume de forma controlada e manter as 

brasas concentradas para cociñar as grelladas ao aire libre. 

Cabe decir tamén que o churrasco non só se come en 

Galicia hai outros lugares do mundo onde tamén se come.





xoves, 29 de novembro de 2018

A TORRE DE HÉRCULES E AQUARIUM FINISTERRAE.

Persoalmente considero que A Torre Hércules é un dos meiores sitios de Galicia. Recordo a primeira vez que a vin, tiña sete anos e funa visitar cos meus pais e meu irmán. Recordo subila e baixala varias veces pero tamén lembro o alto da torre.

A Torre de Hércules foi construída como faro polos romanos, posiblemente cara a finais do século I e comezos do II. Do seu primitivo aspecto hoxe conservamos o seu interior revestido por un recubrimento arquitectónico realizado a finais do século XVIII. Ao seu pé, tamén se conserva unha inscrición latina gravada sobre roca, hoxe protexida por unha pequena edificación, na que se recolle o nome do posible arquitecto romano autor da torre.

Xusto de baixo da torre atópase o Aquarium Finisterrae, tamén coñecido como a Casa dos Peixes, é un centro público de ciencia dedicado á educación medioambiental e a divulgación científica
 de temas mariños.

Se visitas a Torre de Hércules no pode faltar unha visita ao Aquarium posto que é unha experiencia única e a día de hoxe, despois duns anos, aínda
 me lembro de ver por primeira vez focas, tiburóns e pirañas.






luns, 19 de novembro de 2018

COMBARRO

Os tres elementos fundamentais que se poden observar son: Os cruceiros: os estudos de antropoloxía falan dun culto precristiano que se comparte con rexións celtas da Bretaña francesa ou Irlanda. Protexían cruces de camiños onde se cría que se realizaban reunións de meigas, converténdose en lugares seguros. Os cruceiros de Combarro contan coa particularidade de que a figura da virxe tallada neles mira sempre cara ao mar, salvo no que está na praia de Padrón, pola que se pode camiñar só cando a marea está baixa. A rúa de San Roque conduce á igrexa do mesmo nome, do século XVIII, cun cruceiro onde se distingue a figura de san Roque co seu inseparable can, San Roquiño. O segundo elemento distintivo de Combarro son as casas mariñeiras: na rúa A Rúa poden verse casas pegadas, coa división típica que situaba a vivenda na planta superior e a inferior destinada a almacén para apeiros de pesca e agrícolas. Algunhas delas contaban cunha marca diferenciadora que era a solaina, un balcón en pedra de inspiración barroca que terminaba en escaleira. A xente do mar normalmente construíao con madeira ou ferro forxado, pintándoo cos mesmos cores cos que pintaban as súas barcas. Todos eles estaban orientados ao mar. Curiosamente existe unha rúa chamada A Rúa Cega ("a rúa cega" en castelán), na que as casas non están orientadas cara á costa. Isto podía ser debido a que aquí primaban os labores do campo, xa que o ancho das portas estaría adaptado para que os carros puidesen pasar por elas. O terceiro elemento non podía ser outro: o hórreo, intimamente asociado á imaxe de Combarro. Hai uns 60 en todo o pobo e son 30 os que están aliñados xunto á costa.




luns, 12 de novembro de 2018

AS TERMAS DE OUTARIZ

As termas de Outariz localízanse en Ourense

a uns escasos metros da cidade, dende hai un

ano tiven un pequeno problema na pel e

recomendaronme ir as termas dende que fun

notei unha mellora, por este motivo vou a dar

a miña opinión.




O acceso as termas conta cun vestiario

semellante o da cultura x aponesa, tras haber

posto as sandalias e collido unha

toalla poderás dirixirte cara as piscinas. As

primeiras que atopamos están dentro nunha

habitación grande temos dúas normais nas

que teñen entre 38 e 40 grados Cº e

finalmente atopamos un jacuzzi. Fora, o aire

libre temos unha gran variedade de piscinas,

para comenzar atopamos unha bañeira que

contén diferentes chorros a presión e incluso

unha pequena cascada. De seguido temos

unha sauna na que recomendan un

experimento, consiste en que tras estar uns 5-

10 min dentro da sauna salgas, e acto

seguido entres nunha piscina de auga fría, a

experiecia esta moi ben, o que se sinte de

pasar de calor a frío e unha relaxación plena.

Para continuar temos unha serie de piscinas

con diferentes decoracións nunha delas

entras nunha cova. Finalmente temos

un piscina na que cae un chorro de auga

dende moi alto, este experimento consiste en

entrar nun estado

de concentración, persoalmente a min

resultoume incomodo e non fun capa

de experimentar nada. Para finalizar cabe

destacar que conta con múltiples tratamientos

e masaxes que che realizan profesionais, son

caros pero a xente recomenda visitalos.







luns, 15 de outubro de 2018

O MONTE DO SEIXO

O monte do seixo está situado na serra do Candán, está situada entre os 

concellos de Cerdedo, Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz, xa en Ourense. 


Este monte tamén se coñece como a montaña máxica posto que son 


moitas as lendas que existen deste lugar. 


Conta cunha alta calidade vexetal e nela habita o cabalo galego, xunto con 

vacas, aguias, voitres e algúns lobos, por outra parte tamén goza dunha gran 


vexetación.



Hoxe en día conta con xeradores eólicos os cales ensuciaron o prestixio da 

montaña, un claro exemplo está presente nunha mámoa na cal tiña dúas o seu 

lado pero foron derrubadas para no seu lugar por a central eólica ao igual que 

as diferentes aves chegaron a cortalas pola metade matándoas.


Unha das moitas lendas que corren neste lugar fai denominación ao 

licantropía e incluso mencionan a existencia dunha galiña con pitos de ouro, 

pola contra tamén ten os sei feitos un deles era a trampa dos lobos no cal era 

abatido. Sen embargo o que máis desta e a porta do alén. Conta lenda que 

quen a atravese podería visitar o máis alá e falar cos mortos facendo unha 

ofrenda de pan e viño.



Son tantos os mitos e lendas de este máxico lugar que escritores como Carlos 

Soña dedicaron máis dun libro a montaña. E incluso se realizou un 

documental no que participaron moitos veciños da zona, un deles meu irmán e 

máis eu, déixovos unha pequena parte do documental onde se conta unha 

lenda de este fantástico lugar o que vos invito a visitar.




venres, 5 de outubro de 2018

OS 7 LUGARES MÁIS FERMOSOS DE GALICIA.

1. ILLAS CÍES


  As illas Cíes son tres illas as cales gozan de praias con augas cristalinas e diversidade 

de plantas e animais. O concello de Vigo en 2013 comezou tramites para conseguir que 

nun futuro esta gran arquipélago sexa patrimonio da humanidade.








2. PRAIA DAS CATEDRAIS 

As praias das catedrais sitúanse na costa de Lugo concretamente no municipio de 

Ribadeo. O peculiar deste fenómeno e que co tempo a auga erosionou as rochas 

 deixando cachos de terra illados. Cando baixa a marea pódese andar e 

contemplar ese fenómeno que creou a erosión.




3. CATEDRAL DE SANTIAGO


A catedral de Santiago de Compostela resulta coñecida a nivel mundial é a día de 

hoxe xa se considera un elemento icónico. A catedral a día de hoxe abre as súas 

porta para multitude de peregrinos que a visitan dende diferentes partes do mundo.




4. CANÓN DO SIL

O canón do Sil esta situado cerca da Ribeira Sacra. O lugar pódese visitar en 

catamarán e contemplase diferentes paisaxes, incluso podes apreciar o reflexo da 

auga co terreo, isto provoca que sexa un destino digno de visitar e con cada o o 

número de turistas aumente.   




5. COMBARRO

Combarro esta situado na ria de Pontevedra a uns 15 minutos da cidade este 

pequeno pobo goza dunha gran beleza arquitectónica, contén moitos hórreos e 

cruceiros, sen lugar dubida este fermoso pobo tiña que entrar nesta lista.    




6. CABO DE FISTERRA

O cabo Fisterra e o punto máis Oeste de Galicia o seu nome ven dado porque 

antigamente a xente pensaba que era o fin do mundo. Está na provincia de Coruña 

e conta con unhas vistas características similares as da Costa da Morte.  



7. TORRE DE HÉRCULES

A torre de Hércules esta situada na cidade de a Coruña, este edificio conta con 

moitas visitas diarias posto que se converteu nunha atracción turística e a día de 

hoxe pódese subir ata a cima e contemplar as vistas que ofrece.




xoves, 4 de outubro de 2018

BENVIDOS


      Aquí atoparás información dos mellores recunchos da terra máis fermosa do mundo: GALICIA!

Invítovos a que me acompañedes nesta gran aventura